Páxinas

luns, 10 de novembro de 2014

Chover.

El era o único mozo da aldea. Erguíase cedo todos os días e ía ao monte quen sabe a que. Algúns dicían que tiña agochado un tesouro, outros que ía verse cunha muller maior ca el, casada e con fillos. Eu penso que ía aprender cousas para non caer na ignorancia de todos os demais: deixar de coñecer o chío dos paxaros para saber que coche pasa pola estrada só con escoitar o son do motor. Un día, souben que eu estaba no certo:
— Sabes chover? - pregunteille cando o atopei sentado nun muro de pedra diante da miña casa.
— Sei. Ti non?
— Non.
— Que parva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario