—Ves a eses de alí? Son madrileños.
—Como o sabes?
—Carallo! Non ves como flipan co verde?
—Poden ser de Vigo...
—Ti es parva.
—Parvo serás ti, Colega, mira que marcho, para que me insultes...
—Non! Herba! Non me deixes só...
—Fáltalle moito?
—Ten paciencia, muller... Por que o teu nome é fermoso e a min puxéronme Colega?
—Herba paréceche fermoso?
—Claro, a herba ten unha cor... de que cor son os colegas?
—Que parvo es. Por iso te chamas Colega.
—Chámome así porque os imbéciles son os meus pais. Mira, aí vén!
A finalidade da tarde era aquela: Colega só quería ver algo tan poético como a herba á luz do solpor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario