Páxinas

sábado, 28 de xuño de 2014

a caída do imperio

mitos eróticos
que caen algún día
por falta de vasoira

laven as mans despois de ir ó baño,
non queremos bacterias no noso céspede aliñado.

luns, 16 de xuño de 2014

poema alegre (S-Ins II)

volveranse derretir as miñas pernas
ó verte chegar

volverá escorregar o zume vermello da cereixa
polos bordos dos teus beizos.

e marcharás
e serás só un soño

e o poema alegre
será unha canción triste

voltaremos alí:
escuridade

ti, eu,
procurándonos.



sórdida insistencia...

xoves, 12 de xuño de 2014

poema de amor (S-Ins I)

constante saudade
do 'ti' que só vexo
en recordos pasaxeiros,
dos beizos
que non lembro.

a evocación
ao glorioso pasado
do noso Imperio
sálvame de non caer.

sórdida insistencia
de querer seguirnos

maldito ti
maldita eu

saber agonizar.

venres, 6 de xuño de 2014

chegan a nós
petando na porta
as pantasmas da nosa sombra

non as vexo,
non as ulo,
poden marchar.

luns, 2 de xuño de 2014

coma querendo non falar

Sempre que gabeo pola parede do pozo, sempre que agarro a corda para seguir  vendo a luz, apareces, non fallas, para cortala e dicirme que me deixe de cordas, que ti es a miña salvación. Sóltoa e o teu tacto bruto dame azos para volver caer na túa trampa. Toco as túas mans, que acariñaron mil libros, que tocaron cincocentas peles, que tiraron ao fondo do pozo á mesma muller, outra vez. Unha, dúas, tres, caendo...