Páxinas

sábado, 18 de xaneiro de 2014

Catalepsia.

Sinto como a ninguén lle importo: no aire mestúranse suspiros de alivio con voces de "Xa era hora" e "Chamade ao enterrador". Xuro que non estou morto, só ausente en vida desexando falecer por ter descuberto a verdadeira cara do mundo, as malvadas intencións, o finxido aprezo... tamén o dela. Fiquei morto dende que escoitei a súa voceciña de azucre entre a multitude que se ría da miña finxida morte... "Xa non me volverá tocar con esas mans de ladrón". Crinme ladrón ata aquel intre pero descubrín que non roubaba bicos, nin miradas, nin sentimentos... Tocábaa coma se fose unha viola, coma un músico intentando conseguir o mellor son. Non era nin músico nin ladrón. Enterráronme e xa, nin cerimonias nin nada. Así mellor. A catalepsia prodúceme dúbidas: non sei se rabuñar o ataúde por dentro berrando ou se morrer quedo e silandeiro. Boas noites.


venres, 17 de xaneiro de 2014

reclamos II

xa me tranquilicei, a tila alpina é un bo remedio para as tolas coma min que buscan vinganza e son acosadas polo rencor, pero iso supoño que xa pasou, que escribir serve de terapia e é máis económico que un psicólogo, aínda que as respostas aos soños non sempre se atopan en Yahoo Respuestas... farteime da memoria, de recordar continuamente o que me fixo dano pero, podo asegurarvos que por agora, o que máis dano me fixo, foi un quiste sacro.

Ligazón para ver/descargar reclamos II.