reclamos é todo o que quixen dicir e non dixen, todo o que calei para min e todo o que non me atrevo a berrar. verbas desesperadas por saír e non apodrecer no meu cerebro, que non queden coma auga estancada, que non se perdan. "a miña liberdade remata onde comeza o meu silencio", e é o meu obxectivo, ser libre, denominado (mesmo por min) unha causa perdida. aínda así, imos morrer si ou si no intento de vivir e non é o mesmo estar nunha gaiola pequecha que nunha grande. así, comezo a reclamar as miñas tolerías e contas pendentes convosco. ao mellor non sodes reiais, ao mellor só sodes froito da miña mente enfermiza, pero hei de sacarvos dela para que sigades vivindo.
Ligazón para ver/descargar reclamos I
Se hai un I, quere dicir que haberá un II?
ResponderEliminarEsas son as miñas intencións.
EliminarEsas son as miñas intencións.
Eliminaragardarei
Eliminar