reclamos é todo o que quixen dicir e non dixen, todo o que calei para min e todo o que non me atrevo a berrar. verbas desesperadas por saír e non apodrecer no meu cerebro, que non queden coma auga estancada, que non se perdan. "a miña liberdade remata onde comeza o meu silencio", e é o meu obxectivo, ser libre, denominado (mesmo por min) unha causa perdida. aínda así, imos morrer si ou si no intento de vivir e non é o mesmo estar nunha gaiola pequecha que nunha grande. así, comezo a reclamar as miñas tolerías e contas pendentes convosco. ao mellor non sodes reiais, ao mellor só sodes froito da miña mente enfermiza, pero hei de sacarvos dela para que sigades vivindo.
Ligazón para ver/descargar reclamos I
xoves, 26 de decembro de 2013
domingo, 15 de decembro de 2013
Quizais necesitemos morrer.
Quizais necesitemos morrer un pouco para sentirnos vivos, non sei, só debuxo cárceres, homes tristes e mulleres atadas. Só coleciono espectros e sombras que algún día foron luz. O tempo pasa tan lento... ou son eu quen está durmida? Non sei, non sei nada, só sei que xa non somos os mesmos e que a pesar de todo, cada día nos pegamos máis por unhas cantas decenas de quilómetros que serven de cola. Non sei, só debuxo cárceres e paxaros engaiolados.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)