19:00
Nivel de estrés: Máximo.
Estado: Estudando Historia da lingua galega
Localización: Unha casa no medio de ningures cunha pésima conexión a Internet.
Cando estudo, sempre teño a teima de pasarme do temario e adiantarme á materia, sobre todo cando se trata de galego, e vou por ahí lendo pequenos anacos dalgúns textos, ou asombrándome do que me agarda na materia...
Hoxe é un día deses.
Fai uns intres que topei cun texto que chamou a miña atención: "Acusación", de Iolanda Zúñiga. Fai tempo que xa o lera, pero desta vez, puiden sentirme identificada, dalgún xeito.
No artigo, Iolanda critica a condición das que falamos galego, xa que se refiren a nós como "las chicas que hablan gallego". Eu creo, que se a isto lle sumas o de que cambiaches de lingua repentinamente, hai máis repercusións.
Dende que falo galego, a xente coa que adoitaba conversar, ridiculiza esta lingua aínda máis do que o facía antes. Pregúntanme o por que, e, cando non sei que responderlles (xa que non teño ningunha razón especial para ter cambiado de lingua), inventanse contos chinos que a min danme igual, pero rematan por cansar.
Aquí todo o mundo fala castelán, excepto casos puntuais. Dentro dos que non falan galego, hai tres casos: os que me admiran por ter cambiado de lingua dun día para outro, ós que lles da igual e os que cren facerme sentir inferior. Din que o forzo, que mesturo as dúas linguas. JODER! Se me falades castelán, váiseme, non o entendedes?
Deste último caso, estou farta, máis que farta. Creense superiores. Se lles cagara unha gaivota enriba... E cando non, chegan ao extremo de dicirme: "A mi me hablas castellano o non te hablo".
Gustaríame que algún deses "inimigos" do galego, lesen isto, non para comprobar a miña frustración ó averiguar á verdadeira humanidade, senón para que visen eles mesmos, que as súas palabras carecen de sentido.
Eu son galega e falo a lingua da miña terra.
"Defínenme por unha cuestión que, en absoluto, me resume. Por unha cuestión irremediablemente autóctona, común e natural: a lingua de meu [...], que ironía."
Iolanda Zúñiga, En Tempos Novos