Páxinas

luns, 23 de novembro de 2015

as estrelas non brillan esta noite porque hai contaminación lumínica... si.

agora sinto a necesidade de describir a tristeza

coma un fío que se me escapa, paseniño, entre os dedos

así es ti

coa túa complexidade
cargada de complexos compartidos

fuches oasis.
eu unha mona correndo polas túas dunas

e a lúa
era a túa calor
en noites frías

as rúas molladas de pedra
gardaron na memoria os nosos pasos

(bromeaba con sermos as novas Marías)

na miña mente sempre estaremos paseando, amor.