Páxinas

venres, 30 de maio de 2014

Cousas de quentes soidades

Para cousas non-literarias e para poder contaminar a rede aínda máis, estreno Cousas de quentes soidades, unha extensión deste blogue onde falarei (e falarán) de cousas desordeadas. Vedes? Todo son cousas. Cousas. Cousas, Cousas...

venres, 23 de maio de 2014

mor-to

Repite comigo:

estás mor-to

queimei todos os versos nos que aparecías,
queimeime

estás mor-to

mor-to
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
morto
moooooooooooortoooooo

soa fermoso, tan fermoso coma o inalcanzábel infinito.

repíteo, xa:

mor-to.

domingo, 18 de maio de 2014

fíos

sostés o fío do que penduro

sóltalo

caio

peto contra o chan

agonizo

morro

podrezo






sostés o fío do que penduro

córtoo

antes aprendín a voar.

venres, 16 de maio de 2014

conxo

non o fixen por nada en especial, a verdade é que só quería ir molestar á fotocopistería. aquí está, nada que perder, a maioría dos vómitos están xa no blogue.

aproveiten o tempo.

para non aproveitalo, preman aquí.


martes, 13 de maio de 2014

paixón.

ás veces imaxínote
berrando o meu nome

suor
calafríos

na noite
(pechada)




a miña pistola
apunta



te.

luns, 12 de maio de 2014

Sobrevivindo ao desgaste.

Estou na sección de conxelados e no corredor, despois de anos procurándote, apareces, coma querendo ser sombra da miña adolescencia case superada emocionalmente. Coma se seguiramos a ser eses dous que se atopan premeditadamente nun sitio do centro, recoñecémonos, cun xesto de sorpresa pola miña parte, sabía que este momento ía chegar. Intercambio de saúdos, ficamos quedos. No fío musical soa algo deprimente de Oasis.
—Oh, Oasis, dos noventa?
—Non sei.- silencio - Que é da túa vida? - preguntas coma se che importara.
Aquí. Son artista, coma sempre quixen ser. Vivo coma unha hippie de aluguer e non como carne porque é máis barata a herba, así que os domingos de cocido en casa dos meus pais son o paraíso. Asisto a manifestacións periódicamente - e sempre polo mesmo -. E xa ves, visto igual que aos dezaoito, que aos quince, que aos vinte e tres... aquí quedei. Polas noites adoito saír a ofrecer a oportunidade de pasar unha noite comigo, facéndolle un favor ao mundo e se, ninguén accede, vaia, xa me teño a min. Cando non teño nada mellor que facer, o que acontece a miúdo, asisto a conferencias aburridas de farmacia ou algo así e adícome a debuxar á xente espida. Tamén lles ensino a facer poesía a cativos que me teñen como heroína. Ás veces a xente párame pola rúa (non volvo poñer a miña foto na contraportada). Todo isto, non quero afogarte, podería resusmirse en
—Vaime ben, pero podería irme mellor - sempre mellor. Miro o teu carro. Cueiros. Fillos?
—Xa ves ao que se chega. - un sorriso de desculpa -. Ti? Confeso que te vin varias veces con nenos pola rúa...
Son fillos da miña irmá, non te emociones. Iso sí, púxenlles eu os nomes: un, Lois, por Lois Pereiro e outro, coma ti, pero ninguén o sabe. Pensan que é por algún artista raro deses que admiro en segredo. Son moi riquiños. Un quere ser astronauta e outro pintar, coma a súa tía.
—Sobriños.
—Oh, xa me extrañaba -. Extráñame máis a min a túa inversión en "potitos".
Ti tes traballo estable nalgún sitio que non me importa do aburrido que soa. Mantés a unha muller anti aborto á que se lle deu por non traballar e a tres fillos: Fresa 1, Fresa 2 e Fresa 3. Vistes polos de lagarto e cando podes vas xogar co teu veciño do chalet adosado ao teu ao padel mentres as vosas familias observan. Defraudáchesme.
Hoxe non vou saír a cazar amante, vou encerrarme na casa e chorarei coa miña gata pola túa morte e pensando no felices que poderiamos ter sido e non fomos pola túa teima de deixarme pasar ou pola miña de esquecerte. Traizoáchesme...
—Deica outra, entón, a ver se algún día volves desexarme -. Xa sabes, os que medramos a destempo estamos tolos, sábelo ben. Aínda así, mírasme extrañado. Se souberas todo o que penso... Que pronto te esqueciches da miña mente.

xoves, 1 de maio de 2014

que si, e se non? pois nada, coma quen, que vivir é morrer e querer, matar.