Páxinas

luns, 28 de abril de 2014

ó mellor pensades que me amoldo a vós e que vou sendo, unha fotocopia, pero en realidade é que estou collendo o mellor de cada casa, aprendendo por se veñen a matarme. quizais as miñas neuronas cheguen a enfermar e sexa unha tola de tanta información que procesar, pero, quen non é tolo neste tempo? quen? eu? eu son a primeira en erguer a man cando hai que ir en contra do cosmos.

eu...

xoves, 24 de abril de 2014

lagoas.






ando por aquí,
facendo coma quen.





deixando ás verbas correr
esófago abaixo...

énchenme de ti





martes, 15 de abril de 2014

xoves, 10 de abril de 2014

Ensaios.

Escena 1

MRRRRRRRR — Voute matar.

Escena 2

MRRRRRRRR — Estoute matando?
RRRRRRRRM — Non.

Escena 3

MRRRRRRR — Xa? (abanea o cadáver) XAAAAAA? (desesperándose) RESPONDE, FILLO DE PUTA! (pousa o corpo sen vida no chan) Sempre ignorándome, sempre inexistíndome, sempre mirando o teu embigo... Por iso te matei, sabes?

(Pano)

FIN.

martes, 8 de abril de 2014

Pathos.

A eses vermes
que removen a miña masa cerebral (B).

necesito sobrevivir,
primeiro.
un declive,
despois...

para poder recordar...

cúspeme,
expírame,
aspírame,
mútame,
mátame,
asasíname,
pero que sexa sen sangue
e poida voltar
ao meu ser

deficiente,
putrefacto,
merdento,
danzando polo teu corpo.

necesito sobrevivir,
primeiro.
unha cardiopatía,
despois.

Actividades:
1.) Contextualización mental da autora.
2.) Grao de necesidade dun psicólogo.
3.) Tempo que lle queda de vida.